CRTVG

Buscar

A Xunta dá luz verde ao primeiro centro integral de saúde galego

Publicado o 23/05/2019 18:35

• A Xunta investirá 12 millóns na súa construción en Lugo

• Destina oito millóns para a mellora do Meixoeiro de Vigo 

• As universidades galegas redactarán a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Unesco

A Xunta vai destinar 8 millóns de euros á unha envolvente térmica do Hospital do Meixoeiro, en Vigo. As obras servirán non só para mellorar a eficiencia enerxética do edificio, senón tamén para recuperar a súa imaxe arquitectónica. O hospital seguirá funcionando mentres se fan os traballos.

Feijóo tamén anunciou que o Sergas vai poñer en marcha unha nova aplicación dixital onde os pacientes poderán facer seguimento dos tratamentos.

O anuncio do inminente comezo por parte da Xunta das obras do novo centro de saúde en Lugo foi acollido con satisfacción polos veciños do barrio da Residencia, que viron como a zona esmoreceu dende o peche do antigo hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019