CRTVG

Buscar

A Xunta cualifica de decepcionante a reunión da mesa de seguemento sobre a planta de Endesa nas Pontes

Publicado o 10/03/2020 14:56

Esta mañá reuníase a mesa de seguimento para definir o proceso de transición ecolóxica de Endesa nas Pontes. Buscábase establecer as medidas que garantan a actividade dos 200 traballadores auxiliares, que a día de hoxe só teñen comprometida a ocupación para o primeiro trimestre do ano, para os transportistas, que xa acumulan dez meses de parada na súa actividade e tamen para o cadro de persoal da térmica co fin de evitar os seus deprazamentos. Pero o encontro rematou sen solucions a curto prazo. A conselleiro de Economía, Francisco Conde cualificaba o encontro de decepcionante, sen proxectos e alternativas ao desmantelamento da planta.

O Goberno fara un seguimento das probas que realizará Endesa con diferentes biocombustibles. O alcalde de As Pontes, Valentín González, agarda que co resultado destas probas chegan as solucións.

En 15 dias fixaran un calendario sobre os compromisos cos que queren dar resposta ás demandas.

Noticias web

10/03/2020