CRTVG

Buscar

A Xunta cualifica de "propagandísticas" as visitas dos ministros a Galicia

Publicado o 08/08/2019 16:50

Ao igual que aconteceu o luns coa ministra de Industria, Pedro Duque tampouco se reuniu con ningún representante da Xunta de Galicia. O Goberno galego cualifica estas visitas de propagandísticas e cre que faltan ao respecto entre institucións.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Non hai goberno en España pero o que hai é moita propaganda do PSOE en España e en Galicia. Veñen aquí, non falan cos lexítimos representantes dos galegos e das galegas, que é o Goberno da Xunta de Galicia, e si que falan con moitos membros do PSOE, amosando unha falta de respecto non só cos representantes da Xunta, senón con todo o pobo de Galicia".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019