CRTVG

Buscar

A Xunta critica que o cambio do Goberno nas axudas ao desenvolvemento empresarial non flexibiliza todos os requisitos

Publicado o 16/09/2021 16:26

Hoxe entra en vigor a ampliación do prazo de cobertura das axudas aos autónomos e empresas afectadas pola pandemia. Ata agora só cubrían as débedas e custos fixos ata o 31 de maio; co cambio aprobado polo Goberno central amplíase este prazo ata o 30 de setembro.

Para a Xunta de Galicia, esta nova modificación é limitada e non solventa o problema de que os autónomos teñan que ter débeda pendente para optar a estas axudas, un requisito que autónomos e varios gobernos autonómicos pedían que se eliminase.

Noticias web

16/09/2021