A Xunta critica a nova proposta de Facenda a conta dos fondos dos concellos
Publicado o 21/09/2020 16:57
Todos os concellos de España están atentos ao novo decreto que prepara o Goberno, despois de que o Congreso tombara a súa idea de quedar cos aforros municipais. O xornal El Mundo publica hoxe novidades.
Asegura que o texto novo que prepara Facenda tras esa derrota do inicial lles permite aos municipios gastar os 3.000 milllóns do seu superávit, pero non inclúe o fondo de axudas que solicitaban os alcaldes.
Isto supón un cambio de postura do Executivo, e un retroceso respecto do anterior decreto, que si contemplaba os 5.000 millóns como compensación pola entrega dos remanentes. O novo decreto tampouco inclúe un fondo para transporte público.
Máis sobre actualidade
20/01/2021 09:41