A Xunta critica a decisión do Goberno de impulsar, sen diálogo, a fábrica de baterías en Cataluña
A Xunta expresou o seu malestar pola decisión do Goberno de impulsar unha macroplanta de baterías para o coche eléctrico en Cataluña. O conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, criticou que se cambien as regras de xogo e se comprometa un proxecto nunha única comunidade, cando son moitas as que teñen fábricas de coches.
Francisco Conde, conselleiro de Industria: "Nós o que lle pedimos ao Goberno é que rectifique; que rectifique e que volva á senda do diálogo e que, polo tanto, se poida establecer cal son os criterios, as condicións, as características que pode ter un investimento vinculado ao desenvolvemento dunha fábrica de baterías. E desde logo a Xunta de Galicia respostará, respostará participando en calquera tipo de consorcio público-privado que se poida impulsar e apoiando ao sector da automoción en Galicia".