CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Xunta crea o bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía e aumenta as clases de robótica e programación no ensino obrigatorio

Publicado o 14/09/2017 21:33




20 centros de ensino público de Galicia proxectan ofrecer, a partir do curso de 2020, o chamado "bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía". Canda esta nova titulación, a Xunta anuncia que estenderá as clases de "robótica e programación" a todo o ensino obrigatorio.

Robótica e programación para todos en 2020 e proxecto fin de curso e clases extra de ciencia, tecnoloxía, matemáticas e informática, para os alumnos de bacharelato que queiran que o seu título especifique a súa especial cualificación científica e técnica.

"A nosa meta é que dentro de tres anos haxa 20 centros que ofrezan este bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía. Primeira vez que ocorre no ensino público de Galicia e, creo, tamén no ensino público estatal", dixo Feijóo.

A estratexia de educación dixital da Xunta contempla medidas para reducir a chamada "fenda de xénero" nos estudos científicos e tecnolóxicos; para aumentar a porcentaxe de alumnas que se matriculan nestas especialidades.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/09/2017