A Xunta cre que o sector turístico debe afrontar sen alarmismos os efectos do coronavirus
Publicado o 03/03/2020 14:58
A Xunta segue traballando no seu plan de continxencia ante o coronavirus. E faino de xeito coordinado entre os distintos departamentos. Hoxe, Sanidade e Cultura mantiveron un encontro co sector do turismo, un dos máis sensibles aos efectos que está a ter o COVID-19. Insisten na necesidade de traballar sen alarmismo pero con planificación e anticipación.
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo: "Creo que é unha situación inédita. É unha situación que nos debe facer estar en alerta e ter preparados os protocolos, as medidas de acción e todo o que sexa necesario facer no caso hipotético de que xurda un caso vencellado ao sector turístico. Ter as medidas preparadas para poder afrontalo".
Máis sobre actualidade
21/01/2021 12:55