CRTVG

Buscar

A Xunta cre que a sociedade pública da auga permitirá abaratar custos

Publicado o 21/10/2019 13:51

A sociedade de xestión integral da auga que prevé crear a Xunta permitirá abaratar custos e garantir a calidade dos sevizos, segundo dixo a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na reunión do Consello Reitor de Augas de Galicia.

Vázquez lembrou que un anteproxecto de lei, xa aprobado e aberto a participación pública ata o 5 de novembro, recolle a creación desa sociedade pública, que sería como o SOGAMA da auga. O obxectivo é apoiar os concellos para unha explotación profesional do servizo municipal, ante a dificultade constatada que teñen a miúdo para xestionar con eficacia o abastecemento, saneamento e depuración.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019