CRTVG

Buscar

A Xunta convocará 2.700 prazas de emprego público antes de que remate o ano

Publicado o 20/10/2020 15:43

A Xunta vai convocar 2.700 prazas de emprego público antes de que remate o 2020. É unha convocatoria a maiores das xa anunciadas en Sanidade e Educación.

A noticia coñecíase esta mañá, no Parlamento. O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, asegurou que a Xunta vai continuar co seu obxectivo de estabilizar o emprego publico, de reducir a temporalidade.

Das 2.700 prazas que se van convocar, 1.500 en funcion pública e 1.200 no Consorcio de Igualdade e Benestar.

Tamén anunciou que 3.200 laborais que traballan para a Administración autonómica, terán a oportunidade de converterse en funcionarios.

Noticias web

20/10/2020