A Xunta convoca o bono para os autónomos, con axudas de ata 3.000 euros
Publicado o 10/06/2021 16:00

A Xunta aproba unha convocatoria nova do bono para os autónomos, que supón unha axuda de ata tres mil euros, e que chega xa á súa quinta convocatoria.
O Goberno galego aprobou hoxe un orzamento de 5,5 millóns para esta axuda. Prevén que 2.000 autónomos se beneficiarán deste bono, que se pode usar para reorientar o negocio, facer melloras no local, comprar equipos ou crear páxinas web.