CRTVG

Buscar

A Xunta convoca máis de 600 prazas para distintas áreas da Administración xeral

Publicado o 08/03/2018 08:29

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de oposicións para cubrir 614 prazas de emprego público en distintas áreas da Administración.  Trátase da maior convocatoria dos últimos anos e prevese unha alta participación, xa que o 40 por cento das prazas, 248, son de acceso libre. O resto están reservadas á promoción interna. Vanse cubrir postos de camareiro e axudante de cociña para os centros de servizos sociais, no corpo superior e de xestión da Administración xeral, na escala de enxeñeiros e tamén hai prazas para informáticos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018