CRTVG

Buscar

A Xunta convoca axudas para instalar enerxías renovables nas casas

Publicado o 25/01/2021 14:06

As familias e as comundades veciñais poderán solicitar a partir de marzo as axudas da Xunta para instalar enerxías renovables nos seus fogares. A Administración dispón de 5,1 millóns de euros para subvencionar ata a metade de cada instalación. O prazo de solicitude remata en xuño.

As axudas da Xunta para que as vivendas instalen enerxías renovables impulsaron o ano pasado arredor de 1.300 proxectos, dos que se beneficiaron preto de 1.700 familias. O Departamento de Planificación Enerxética da Administración galega convoca para este ano as mesmas axudas, coas que agarda resultados similares.

"Espérase que se mobilice un investimento de máis de 13 millóns e euros e que se chegue a apoiar a 1.600 familias. A incidencia no aforro económico das familias estímase en 900.000 euros ao ano. Con estes proxectos evitarase a emision de 5.600 toneladas de CO2 á atmosfera", di Paula Uría, directora xeral de Planificacion Enerxética e Recursos Naturais.

O prazo de solicitude empeza en marzo e remata en xuño. As axudas para paneis fotovoltaicos para autoconsumo van desde os 4.000 euros para fogares individuais ata os 25.000 para comunidades. Para renovables térmicas poden acadar os 60.000 euros no caso de proxectos comunitarios.

Noticias web

25/01/2021