CRTVG

Buscar

A Xunta convoca a maior oferta de emprego público en once anos, con 5.833 prazas

Publicado o 28/02/2019 19:15

A de 2019 será a maior oferta de emprego público da última década, segundo avanzou o presidente da Xunta. Feijóo explicou que Galicia non só esgota a taxa de reposición do 100%, se non que por cumprir coas regras de gasto pode convocar 213 prazas extra que destinará á Sanidade. En total o Sergas convocará 1.323 prazas. Dous de cada tres serán para a atención primaria.

"Vanse convocar este verán, de maneira acumulada, os médicos de familia e pediatras das OPE de 2018 e de 2019, que suman 254 médicos e 93 pediatras de atención primaria. Así que estaremos ao final da lexislatura practicamentre en atención primaria cunha porcentaxe residual e cunha porcentaxe de propietarios con praza óptima", afirmou o presidente.

Para Administración xeral, a Xunta prevé convocar 2.446 prazas e para Educación, a oferta xa publicada no Diario Oficial de Galicia inclúe 2.064 prazas en 36 especialidades.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019