A Xunta, contraria á retirada das bonificacións ao gasóleo para a frota
Publicado o 10/09/2021 14:54
Galicia quere facerse oír en Bruxelas ante a futura reforma da Política Pesqueira Común. Por iso, o Consello Galego de Pesca, reunido hoxe, decidiu crear un grupo de traballo para facer chegar as súas propostas ás institucións comunitarias. Cren fundamental que se incentive a entrada da xuventude no sector e a adaptación ao cambio climático.
Ademais, consideran vital que Europa non retire as actuais bonificacións ao diésel que usa a frota. "Entendemos que é prexudicial para os intereses da frota pesqueira comunitaria, fundamentalmente para a frota pesqueira galega, que entrariamos nunha competencia desleal con outros Estados que teñen os prezos do gasóleo moito máis baixos", asegurou a conselleira do Mar Rosa Quintana.