CRTVG

Buscar

A Xunta consensuará a posición de Galicia para a Política Agraria Común do 2020

Publicado o 21/01/2019 19:40

A Xunta consensuará cos sectores implicados a posición da nosa comunidade para a Política Agraria Común do 2020. 
Crearase unha mesa de traballo multidisciplinar que será a que elabore as peticións de Galicia. Esa proposta trasladarase posteriormente ao Plan Estratéxico de España, que hoxe se comezou a elaborar no Consello Consultivo de Agricultura. Galicia incidirá en preservar os intereses dos gandeiros e agricultures, aspectos como a definición do agricultor xenuino, os dereitos de pagamentos individuais  e as limitacións de axudas por explotacións que Galicia quere situar en 60.000 euros



 

Noticias web

21/01/2019