CRTVG

Buscar

A Xunta investiga novas reccións alérxicas en escolas infantís tras tomar o menú

Publicado o 06/11/2019 14:37

A Xunta investiga novos casos de reaccións alérxicas detectados onte en varias escolas infantís da rede Galiña Azul. Algúns nenos presentaron sarabullos e ronchas despois de comer o menú.

Houbo casos en escolas das provincias da Coruña e Pontevedra. Sempre síntomas leves de reacción alérxica como ronchas na cara. A situación repítese porque nalgúns centros, como Fene ou Cangas, xa se deran casos similares hai menos dun mes. Daquela foi polo consumo de palometa, xa está confirmado, pero onte o menú non levaba peixe. Había crema de verduras e macarróns con carne, que xa se están analizando.

O que coincide en todos os casos é a empresa que merca e submistra a comida, pero despois os pratos elabóranse en cada escola e tamén interveñen os provedores, o que complica aínda máis as análises. A Xunta decidirá posibles actuacións despois de que remate a investigación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí