CRTVG

Buscar

A Xunta confía en rematar as súas obras na Intermodal de Vigo a finais deste ano

Publicado o 03/09/2021 14:18

A crise global de escaseza de materiais e materias primas non afecta ás obras da nova estación de autobuses de Vigo, que marcha a bo ritmo. Así o confirmou a conselleira de Infraestruturas, que esta mañá visitou as obras que acomete a Xunta para dotar a intermodal da nova terminal de autobuses e o túnel que a conectará coa AP-9. Vai executado o 65 por cento e, de seguiren este bo ritmo, as obras poderían estar rematadas a finais deste ano.


 

Noticias web

03/09/2021