A Xunta confía en que o Goberno cumpra e se bonifiquen as peaxes da AP-9 a mediados de ano
Publicado o 21/05/2021 16:23
Sobre as peaxes en Galicia, falou a conselleira de Infraestruturas. Ethel Vázquez, asegurou que o Goberno galego vixiará que o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, cumpra a súa palabra e aplique as bonificacións aos usuarios e elimine a peaxe de Redondela como está comprometido.