CRTVG

Buscar

A Xunta condena os ataques ao patrimonio de todos os galegos

Publicado o 12/03/2019 15:01

O conselleiro de Cultura e Educación condenou os ataques ao patrimonio de todos os galegos e lembrou o elevado custo que supuxo a limpeza da pintada que apareceu o verán pasado nas Praterías. Román Rodríguez confirmou que a Xunta está disposta a instalar cámaras de seguridade pola súa conta se o Concello de Santiago non se suma a esta iniciativa para evitar que as sabotaxes se repitan.

Pola súa banda, o presidente da Xunta expresaba a súa repulsa a través de Twitter. As pintadas na catedral, escribiu Alberto Núñez Feijóo, son unha auténtica vergoña. Que todo o peso da lei caia sobre os seus responsables. E en alusión ao contido dunha das pintadas, engadía: que a parte do seu corpo que poidan reivindicar no futuro sexa un cerebro mellor amoblado.

Noticias web

12/03/2019