CRTVG

Buscar

A Xunta concede axudas de ata 40.000 ás empresas galegas para mitigar o 'brexit'

Publicado o 06/02/2020 14:22

Para poder beneficiarse do cheque brexit as empresas deben cumprir as seguintes condicións: que o Reino Unido sexa un dos seus cinco principais mercados intracomunitarios, ter exportado a ese país máis de cen mil euros nos tres últimos exercicios e que o Reino Unido represente polo menos un 10% da súa exportación dentro da Unión Europea.

A Xunta prevé axudar un cento de empresas a facer un diagnóstico da súa situación e a deseñar un plan para mitigar os efectos do brexit nas súas contas. Os sectores máis afectados son o agrolimentario, a automoción, o téxtil e os materiais de contrución.

O Goberno galego activará o cheque este mes para que os interesados poidan comezar a presentar as solicitudes de axudas, e en marzo abrirán unha oficina en Londres para consultar dúbidas e ofrecer información sobre as subvencións que a Xunta ten en marcha.


 

Noticias web

06/02/2020