CRTVG

Buscar

A Xunta comprométese cos obxectivos de Galicia Baleira

Publicado o 14/02/2020 13:34

A Xunta di que comparte a posición de Galicia Baleira para facer rendible a actividade económica no rural. 

A Administración asegura que xa traballa en moitas das medidas que recolle esta plataforma que aglutina a 400 asociacións de Lugo e Ourense e que nace contra a despoboación do rural. Son medidas como a defensa duns prezos xustos e da promoción da calidade dos produtos ou a lei de recuperación da terra.

Así o manifestaron tras a reunión que ambas partes mantiveron en Lugo.

Noticias web

14/02/2020