CRTVG

Buscar

A Xunta comprométese a prorrogar as axudas de aloxamento ás familias afectadas de Paramos

Publicado o 23/12/2019 15:01

Ano e medio despois da explosión da pirotecnia de Paramos, oito familias que quedaron sen casa na zona cero puideron reconstruílas e volven vivir alí. Cinco seguen realoxadas e catro abandonaron o barrio. O vicepresidente da Xunta acaba de visitar a zona e de escoitar os veciños.

É a zona cero da vila de Paramos, onde un almacén ilegal de explosivos saltaba polos aires en maio de 2018. Causoulle a morte a un matrimonio, estragou unha trintena de casas e obrigou ao acubillo de dezasete familias.

Ano e medio despois, lograron reconstruír as súas casa oito desas familias, catro decidiron empezar noutros concellos. E cinco seguen acollidas. 

"A Xunta transmitiunos que non haberá ningún problema para poder prorrogar esas axudas de realoxamento", dixo Salvador García, presidente da Asociación de Afectados Paramos-Guillarei.

Na contorna da zona cero foi máis doado. As axudas económicas da Xunta posibilitaron a reparación de danos e negocios. 

"Máis de tres millóns de euros en axudas dadas pola Xunta de Galicia, mellorardas ademáis sobre a marcha por suxestións. Discutimos unhas cantas veces coa asociación pero eles cumprían coa súa obriga, cumprían coa súa función", asegurou Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta.

 

Noticias web

23/12/2019