A Xunta comprométese a licitar de inmediato a dragaxe da ría do Burgo se o Goberno central transfire os fondos necesarios
Publicado o 24/07/2020 14:59
A Xunta comprométese a licitar de inmediato a dragaxe da ría do Burgo se o Goberno central transfire os fondos necesarios.
Así llo trasladaron as conselleiras en funcións de Medio Ambiente, Infraestruturas e Mar ao secretario de Estado de Medio Ambiente nunha videoconferencia mantida esta mesma mañá.
O Goberno central terá que estudar a oferta realizada dende a Xunta e decidir se transfire os algo máis de 46 millóns de euros que custaría a rexeración do litoral da ría do Burgo.
Dende o Goberno galego din que é unha actuación estratéxica, necesaria e urxente.
Máis sobre actualidade
16/04/2021 17:36