CRTVG

Buscar

A Xunta comprométese a investir 20 millóns nos peiraos da Coruña

Publicado o 04/10/2021 16:22

Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria e Portos do Estado avanzan na reordenación da fachada marítima da cidade. O convenio para a compra dos terreos dos peiraos de batería e Calvo Sotelo está pendente de concretar o financiamento das obras de reurbanización que achegará cada unha das administracións.

A Xunta anuncia que vai complementar proxectos ata os 20 millóns de euros comprometidos pola administración autonómica ata o 2027.


 

Noticias web

04/10/2021