CRTVG

Buscar

A Xunta comprométese a impulsar medidas para potenciar o sector alimentario

Publicado o 30/06/2021 16:26

A Xunta vai impulsar a promoción da marca Galicia Calidade para apoiar os produtos do país. Anunciouno o presidente Feijóo na entrega dos premios Galicia Alimentación, que entrega o clúster do sector.

As empresas Grupo Calvo, Nova Pescanova, Asoporcel e Gadisa Retail recibiron os VII Premios Galicia Alimentación nun acto no que o presidente da Xunta animou a seguir apostando pola calidade, a innovación e a internacionalización como claves para afrontar os retos futuros.

Durante a entrega dos premios, Núñez Feijóo puxo de manifesto o compromiso do seu Goberno coa modernización do sector para o que continuará impulsando medidas estruturais como a Lei de recuperación da terra agraria ou a futura Lei da calidade alimentaria que prevé que se aprobe o próximo ano.

Esta nova lexislación, dixo o presidente galego, potenciará toda a cadea, favorecendo as denominacións de orixe e actualizando o marco de control e sancións para adaptalo ás prácticas desleais e ao comercio en liña.

Noticias web

30/06/2021