A Xunta compromete un financiamento universitario de 3.000 millóns ata 2026
• Ana Pontón pide máis financiamento para as universidades no inicio do curso
• Gonzalo Caballero pídelle á Xunta unha aposta clara pola universidade pública
O curso arranca coa inmensa maioría da comunidade universitaria vacinada e cos protocolos preparados para garantir a volta ás aulas. E tamén coa reivindicación de máis recursos para a investigación universitaria. A Coruña acolleu o acto inaugural que marca o inicio do curso nos sete campus galegos.
O presidente da Xunta defende que as universidades galegas reciben 450 millóns de euros anuais, unha cantidade récord, di, que van aumentar. Feijóo anunciou a súa intención de transferir ata o 2026 uns 3.000 millóns de euros para "garantir a transformación e desenvolvemento da universidade".
Recibirán estes fondos, indicou, ao amparo dos seus plans de estabilidade financeira e rexeranse por seis eixes, que serán o financiamento global, a internacionalización, a relación coa empresa, a investigación, a innovación na docencia e a responsabilidade social. "Galicia será capaz de tomar a dianteira", garantiu o presidente galego.