A Xunta compromete 23 millóns de euros para reactivar o sector cultural
Publicado o 06/02/2021 19:27
A Xunta amplía o plan de reactivación da cultura con 23 millóns de euros neste primeiro trimestre do ano. Anunciouno o conselleiro Román Rodríguez durante a xuntanza de traballo que mantivo cos presidentes do Consello da Cultura, a Real Academia e a Real Academia de Belas Artes.
O obxectivo desta liña de axudas, dixo, é preservar o emprego e tamén apoiar novos formatos.
O Goberno agarda que os cartos repercutan nos sectores audiovisual, escénico e musical, así como no do libro e no dos museos, entre outros.
Román Rodríguez salientou tamén a importancia de activar iniciativas para a captación de fondos europeos.