CRTVG

Buscar

A Xunta comeza a desmontar o edificio do Berbés que se derrubou o venres

Publicado o 20/11/2019 21:13

En Vigo, a Xunta comeza a desmontar o edificio do Berbés que se derrubou o pasado venres. Fano para evitar novos accidentes.

As obras de construción dun albergue de peregrinos causaron fendas en numerosas casas lindeiras. O efecto máis grave foi sobre este edificio da praza do Peñasco, que se veu abaixo case por completo. Os veciños da casa lindeira tiveron que ser desaloxados. As demais familias da zona temen agora que haxa novos derrubamentos.



 

Noticias web

20/11/2019