A Xunta cifra en "non menos de 340 millóns" os cartos que lle corresponderían dos fondos do Estado para axudas a empresas
Publicado o 24/03/2021 15:29
A conselleira de Emprego e Igualdade cifra en 340 millóns os cartos que lle corresponderían a Galicia dos fondos que vai repartir o Estado entre as comunidades para axudas directas ás empresas.
María Jesús Lorenzana explicou que a Xunta discrepa cos criterios de reparto do Goberno central. Cre que debería ser directamente proporcional o número de autónomos e microempresas que hai en cada comunidade autónoma.