CRTVG

Buscar

A Xunta chega a un acordo cos veciños e co Concello de Bueu sobre o acceso ás Ons

Publicado o 19/09/2019 18:11
A Xunta chega a un acordo cos veciños e co Concello de Bueu sobre o acceso ás Ons

O Concello de Bueu, veciños das Ons e as consellerías de Medio Ambiente e Cultura asinaron nas últimas horas un acordo polo que a Xunta se compromete a substituír o sistema de carnés de acceso pola implantación dun código específico e unha cantidade de xente por casa. 

Así mesmo, a Administración tamén acepta activar, no seu sistema electrónico de reservas, un apartado específico para estes concesionarios, que terán ata 300 reservas garantidas dentro da cota xeral de visitantes (e en caso de que se superen as 300 autorizacións, limitarase o acceso de máis persoas).  

Ademais, as partes acordaron pór en marcha unha mesa por Ons, en que estea presente a Xunta, o Parlamento, o Concello de Bueu e os veciños, para abordar os problemas que afectan os insulares. O texto do acordo conclúe cunha expresión de "apoio unánime" á candidatura do Parque Nacional Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade.

Tras a firma deste acordo, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, constatou que o alcalde "volve quedar só, por segunda vez, coa súa actitude excluínte e discriminatoria", e lembrou que a candidatura de Illas Atlánticas tamén recibiu o apoio do Parlamento (aínda que só o PP e Grupo Mixo votaron a favor, mentres que PSdeG, BNG e Grupo Común da Esquerda abstivéronse).   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí