A Xunta calculará o custo de aplicar na autoestrada Santiago-Dozón as rebaixas da AP-9 para trasladarllo ao Goberno
Publicado o 22/10/2021 16:32
A demanda é clara. Xunta e concellos queren que o tramo da AP-53 de titularidade estatal (o único que ten peaxes) conte cos mesmos descontos que xa se están aplicando na autoestrada AP-9, por exemplo que a viaxe de volta sexa gratuíta se se fai en menos de 24 horas. A Xunta comprometeuse a facer un estudo completo do que suporían esas bonificacións e despois trasladarllo ao ministerio. Denuncian que actualmente esta autoestrada é a máis cara de Galicia e supón un lastre para a competitividade da zona.