CRTVG

Buscar

A Xunta busca unir esforzos co Goberno de Portugal para facer realidade a unión por alta velocidade

Publicado o 05/03/2021 17:17

Galicia e Portugal queren xuntar esforzos para conseguir que os cartos dos fondos europeos se usen para unir por tren de alta velociade as cidades de Vigo e O Porto. A alta velocidade pola que apostan permitiría acurtar os tempos conectando Vigo con O Porto nunha nunha hora fronte ás dúas horas e vinte minutos que na actualiadese tarda en completar este percorrido.

E para avanzar neste camiño compartido representantes dos dous gobernos reuníronse en Melgaço. Alí a ministra lusa de Cohesión Territorial reiteraba a necesidade de priorizar a conexión feroviaria con Galicia

Portugal incluíu a alta velocidade no seu plan de investimentos. O mesmo compromiso é o que a Xunta reclama do Goberno de España. Un proxecto en que é prioritario acometer a saída sur de Vigo. Só así será posible que unha demanda histórica como é a alta velocidade sexa unha realidade no horizonte de 2030 que manexa o Goberno portugués

Noticias web

05/03/2021