CRTVG

Buscar

A Xunta busca unha familia de acollida para cando o neno de Lugo poida recibir a alta

Publicado o 22/08/2019 13:51

Por terceiro dia consecutivo os servizos de limpeza traballan na vivenda familiar, nela amoreábase tonelada e media de lixo. Neste ambiente insalubre pasou os seus primeiros dous meses de vida o bebé, presuntamente maltratado polos seus pais. A familia vivía rodeada de todo tipo de refugallos e excrementos. Sorprende que ante unha situación tan extrema non houbese denuncias veciñais.

Na comunidade de veciños sorprendeu que houbera tanto lixo na casa, así o contaba Pilar Taboada, presidenta da comunidade de veciños "nunca o pensamos, creo que ninguén. Eu nos dous meses o bebé vino catro veces, e vino arreglado e limpo".

O meniño segue ingresado na unidade de neonatos do Hula. O seu estado é grave pero estable, as boas novas é que non houbo un empeoramento da súa saúde. Da súa evolución dependerá o seu traslado ao hospital da Paz en Madrid para operalo do desprendemento de retina que sofre. Esta é a lesión máis grave da que está a ser tratado pero non a única, tamen ten infección de oidos e presenta contusións en distintas partes do corpo.

Hoxe os pais os que se investiga por un delito de violencia doméstica e abondo estaba citados no servizo de menores da Xunta para notificarlles que agora é a administración a que ten a tutela, garda e custodia do menor. Suspendese provisionalmente a patria potestade aos proxenitores que non poderan achegarse ao meniño nin solicitar un réxime de visitas. A Xunta busca unha familia de acollida para cando o pequeno reciba a alta ainda que se preve que o seu ingreso hospitalario será longo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019