CRTVG

Buscar

A Xunta busca novas vías de comercialización para os produtos agroalimentarios

Publicado o 07/04/2020 15:07

A Xunta busca novas vías de comercialización para os produtos agroalimentarios que viron reducidos os seus mercados pola emerxencia sanitaria.


Así llelo trasladou o conselleiro de Medio Rural aos sindicatos agrarios nunha xuntanza que mantiveron a través de videoconferencia. José González dixo que, tras o peche da hostelería e dos mercados municipais, é necesario buscar saída ás producións de calidade e de proximidade. Asegurou que un dos mecanismos pasa por concienciar a poboación da importancia de apoiar neste momento ao sector primario galego.
 

Noticias web

07/04/2020