A Xunta busca captar máis fondos da UE no período 2021-2027
Publicado o 09/10/2020 20:53
Galicia quere captar máis fondos da Unión Europea no novo marco financeiro 2021-2027. Neste período España recibirá uns 43.000 millóns por iso a Xunta quere anticiparse e axustar os proxectos aos obxectivos fixados por Bruxelas. Nunha reunión co director de Política Rexional da Unión Europea o conselleiro de Economía coñeceu de primeira man as prioridades de Bruxelas para acceder aos fondos.
"Galicia o que pretende é dar resposta a eses obxectivos destes novos fondos da Unión Europea vinculando os proxectos, que desde Galicia podemos desenvolver, á transformción dixital, á transición enerxética, en definitiva, vinculalos á nova economía centrada na economía circular na sustentabilidade", di Francisco Conde, conselleiro de Economía.