CRTVG

Buscar

A Xunta axudará con ata 12.800 euros os mozos que merquen vivendas nas zonas históricas

Publicado o 14/05/2019 20:35

A Xunta de Galicia vai prestar axuda financeira aos menores de 35 anos que desexen instalarse nas zonas históricas dos concellos. Os mozos e mozas poderán acceder a subvencións para compra de vivenda de ata 12.800 euros no caso das cidades e de 10.800 no caso das vilas. Esas axudas son compatibles con calquera outra que se reciba para adquisición ou rehabilitación dos inmobles.

A conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou hoxe os proxectos para zonas vellas aos empresarios de Lugo.

"É compatible co resto das axudas de rehabilitación que temos enriba da mesa que, como sabedes, este ano superan os 52 millóns de euros. Creo que son boas novas que temos para os empresarios, para dinamizar a economía e, sobre todo, para poñer en valor esas zonas históricas", salientou Ángeles Vázquez. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019