CRTVG

Buscar

A Xunta axiliza e amplía as ayudas aos galegos no exterior ante a crisis da Covid-19

Publicado o 04/05/2020 21:01

A Xunta axiliza e amplia as axudas aos galegos do exterior para dotalos de maior apoio económico ante a crise do coronavirus. O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración mantiveron unha videoconferencia cos representantes das comunidades galegas. Darase continuidade ás axudas aos que estean en situación de necesidade. E duplícanse as destinadas a manter as entidades galegas que poderán suspender o cobramento de cotas aos socios mentres dure a pandemia. Antonio Rodríguez Miranda. secretario xeral da Emigración. "O Goberno galego xa activou todas as axudas para que os galegos do exterior poidan dispoñer canto antes das axudas que necesitan neste momento de especial dificultade. E tamén as nosas entidades galegas. Os centros galegos que hoxe están pechados en todo o mundo e que necesitan un amparo especial para volver prestar ese servizo social e cultural cando remate esta pandemia"
 

Noticias web

04/05/2020