A Xunta avanza a campaña turística do Xacobeo 2021
A Xunta publicou un vídeo como aperitivo da promoción que se fará no 2021 para atraer visitantes a Galicia no Xacobeo, acontecemento que, segundo o sector, debe marcar o inicio dunha nova era tras un ano durísimo para eles.
"No 2020 case non houbo facturación. É unha tarefa urxente e imprescindible dispor dun plan de rescate ambicioso e coa implicación de todas as administracións", defende Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.
Alberto Núñez Feijóo lembrou que a Xunta dedicará 85 millóns de euros para garantir un Xacobeo coñecido e recoñecido, e, sobre todo, seguro.
"Se somos capaces de facer unha Galicia segura teremos garantido o turismo nos vindeiros anos e seremos unha potencia turística. Xogámonos o turimso da década", defendeu o presidente.
Xoel López, embaixador da campaña, convídanos a avanzar, neste caso, cara a Galicia.