CRTVG

Buscar

A Xunta aspira a que o pazo de Meirás sexa o que Pardo Bazán quería

Publicado o 19/11/2020 15:25

A Xunta traballa no futuro do pazo de Meirás. O Goberno galego confirma que traballa xa nun plan de uso do pazo. Quere estar preparado en caso de que o Estado decida ceder a xestión do inmoble á comunidad autónoma.

A petición está feita formalmente. Aínda non hai resposta pero, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou que lles gustaría recuperar o obxectivo inicial que tiña Emilia Pardo Bazán para o pazo de Meirás, como pionera do feminismo en España e referente da creación cultural e literaria.

A Xunta traballará coa sociedade para obter ideas nese furturo uso. A idea é convertelo nun "faro para a igualdade e a creación".

Noticias web

19/11/2020