A Xunta aspira a que 8.000 empresas galegas exporten os seus produtos no 2025
Publicado o 02/09/2021 16:22

As exportacións galegas aumentaron durante o primeiro semestre un 8 % respecto ao 2019, antes da pandemia. De manterse esta tendencia o 2021 pecharía por riba dos 20.000 millóns de euros en exportacións, por quinto ano consecutivo.
Para impulsar as vendas fóra da Unión Europea a Xunta aprobou unha estratexia en que prevé investir 70 millóns ata o 2023. O obxectivo é multiplicar por tres as exportacións a América do Norte, duplicar as vendas a América do Sur e Asia, e aumentar un 25 % as exportacións ao Reino Unido.