CRTVG

Buscar

A Xunta asina coa Deputación de Ourense o convenio para cofinanciar a tarxeta do bono turístico

Publicado o 26/04/2021 13:59

O Goberno galego e a deputación de Ourense colaboran para a reactivación do turismo. Acaban de asinar un convenio para ampliar as axudas do bono turístico en 150.000 euros. Unha inciativa que Alfonso Rueda espera que sigan as demais deputacións. Os bonos foron un éxito tanto en solicitudes como en número de establecementos adheridos.

As tarxetas esgotáronse nas 12 primeiras horas cunha media de 30 solicitudes por minuto. Participan preto dun milleiro de establecementos. Existen máis de 400 paquetes turísticos. En maio os usuarios poderán comezar aconsumir as súas tarxetas nas opcións escollidas.

Noticias web

26/04/2021