A Xunta aprobará o Plan Catedrais esta primavera e inviste 300.000 euros na de Mondoñedo
Publicado o 30/03/2021 17:43
Logo das actuacións realizadas na catedral de Santiago, con vistas xa a este Xacobeo 2021 o Goberno galego pretende agora darlle continuidade ao esforzo investidor actuando nas basílicas de Lugo, Ourense, Tui e Mondoñedo. Nesta última anunciaba precisamente esta mañá un proxecto que supera os 300.000 euros de investimento e que se vai centrar na restauración do conxunto mural do presbiterio e nave central.
O conselleiro de Cultura lembrou que todas as catedrais están vinculadas ao Camiño de Santiago e tres delas están declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.