A Xunta aprobará o luns presupostos con rebaixas no IRPF e no de patrimonio

EFE
A Xunta de Galicia aprobará o vindeiro luns o anteproxecto de orzamentos da comunidade autónoma 2022 que incluirán baixada de tributos como o IRPF ou o imposto de patrimonio, entre outros, segundo avanzou este xoves o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.
Tal e como informou onte no debate o estado da autonomía, celebrado no Parlamento galego, o Executivo autonómico vai cumprir "o programa electoral" do PPdeG neste sentido, polo que hoxe confirmou que as contas para o próximo ano incluirán "baixada de impostos, tanto no da renda, como de actos xurídicos documentados, patrimonio e de transmisións patrimoniais".
Núñez Feijóo explicou que a Consellería de Facenda está "a axustar" esta "baixada prudente" dos impostos para cumprir o programa electora do PPdeG "validado polas urnas" nas eleccións do ano pasado.
Tras o falecemento repentino de conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o mércores da semana pasada, o seu equipo da Consellería está a ultimar as contas, á espera do nomeamento dun sucesor e antes da presentación das mesmas no Parlamento o 20 de outubro.