CRTVG

Buscar

A Xunta aproba un teito de gasto de 10.160 millóns, 311 máis ca en 2019

Publicado o 03/10/2019 19:54

O Goberno galego aprobou este xoves o teito de gasto non financeiro da Xunta de Galicia para 2020, que ascende a 10.160 millóns de euros, un 3,1 por cento máis ca o orzamento aprobado pola Xunta para este ano.

Isto supón que o gasto da comunidade autónoma para o próximo exercicio poderá aumentar ata 311 millóns de euros respecto ao orzamento para 2019, que se situou en 9.850 millóns.

Tal como avanzara a pasada semana o presidente da Xunta no debate de política xeral celebrado no Parlamento, o Consello aprobou o teito de gasto para poder presentar en tempo e forma os orzamentos do próximo exercicio, a pesar de que o Goberno mantén a súa "débeda millonaria" con Galicia, dixo.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, proclamou por tanto que tras o paso dado este xoves, "Galicia terá novos orzamentos en 2020 porque nos comprometemos cos galegos", a pesar das "cambadelas" postas polo Goberno central, sinalou.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí