CRTVG

Buscar

A Xunta aproba outros 60 millóns para liquidez de pequenas e medianas empresas e autónomos

Publicado o 02/07/2020 14:46

O Consello da Xunta deulle o visto e prace a un fondo de enerxía para pequenas e medianas empresas e autónomos dotado con 17 millóns de euros e que consiste en axudas para que instalen renovables e poidan así reducir a factura eléctrica. Para ese mesmo colectivo, a Xunta aprobou un novo programa de financiamento para achegarlles liquidez e apoiar a reactivación económica.

Segundo explicou Alberto Núñez Feijóo, dedicaranse a este fin 60 millóns de euros, que se suman aos 250 millóns aprobados ao principio da pandemia.

Noticias web

02/07/2020