CRTVG

Buscar

A Xunta aproba o Proxecto de Lei de Saúde que introduce melloras para os profesionais

Publicado o 07/12/2017 14:55

O Consello da Xunta acaba de aprobar, para a súa remisión ao Parlamento, o Proxecto de Lei de Saúde. O Goberno galego deulle o visto e prace ao texto na súa reunión semanal. Este Proxecto de Lei de Saúde, segundo o presidente da Xunta, actualiza unha normativa fundamental, fomenta a participación dos colectivos implicados na área sanitaria, afonda nunha mellor organización e tamén introduce melloras para os profesionais.

A Xunta salienta tres vantaxes fundametais neste Proxecto de Lei de Saúde que acaba de aprobar o Consello: máis organización, participación e melloras para os profesionais. No ámbito da organización, segundo o Goberno galego, esta é a primeira vez que unha lei blinda os hospitais comarcais, que teñen un papel primordial para garantir a proximidade da atención especializada. Fixa de xeito específico que hai 14 distritos sanitarios.

Tamén fomenta a participación. Establece a existencia do órgano autonómico, que é o Consello Galego de Saúde, e doutros órganos en cada distrito hospitalario, en que estarán integrados os distintos concellos, organizacións empresariais e asociacións de pacientes. O obxetivo é promover o asesoramento na xestión sanitaria.

Ademais, introduce novidades para os profesionais. A máis destacada é que por primeira vez se autorizan concursos de traslados abertos e permanentes. Cada vez que haxa unha vacante, poderase solicitar acceder a ela de xeito inmediato. Tamén se facilita unha maior mobilidade dos profesionais entre os distintos hospitais sempre que sexa voluntaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017