CRTVG

Buscar

A Xunta aproba o plan para o control e a eliminación do feísmo

Publicado o 04/03/2021 17:16

A Xunta acaba de aprobar o plan da paisaxe galega, que ten entre os seus obxectivos eliminar da nosa contorna o chamado feísmo. 

O plan prevé mobilizar nos próximos catro anos preto de 40 millóns de euros en actuacións para controlar e eliminar o feísmo, impulsar a humanización das cidades e potenciar o distintivo Bandeira Verde entre os concellos galegos.

Construcións inacabadas ou con ladrillo á vista, falta de harmonía nas cores das casas ou peches de parcelas do máis variado son só algúns exemplos do que podemos atopar se botamos unha ollada en zonas rurais.

Pero tamén nas cidades e, por exemplo, nos seus polígonos industriais. Por iso a nova normativa busca unificar criterios para novas actuacións e tamén para corrixir os problemas xa existentes. Algo que ven con moi bos ollos tanto nas aldeas como nas cidades se se habilitan os medios necesarios para que o cumprimento das medidas non supoña un problema.

Noticias web

04/03/2021