A Xunta aproba o "maior" teito de gasto de maneira "excepcional" pola covid-19
A Xunta aprobou este xoves un teito de gasto para 2021 de 11.500 millóns de euros, case un 15 por cento máis que o establecido para o presente exercicio, no que supón o "maior" da historia desde que existe este instrumento legal.
Así o sinalou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa tras a reunión do Goberno galego na que asegurou que esta perspectiva de teito de gasto non financeiro baséase nunhas previsións macroeconómicas "sen maquillaxe", tras admitir que este ano se producirá un "decrecemento do 9,7 por cento do PIB".
Aínda que a perspectiva é que se recupere en 2021 en oito puntos, do mesmo xeito que a taxa de paro, que pasaría dun 12,3 a un 12,8 por cento.
Feijóo insistiu o nivel de teito de gasto é "excepcional porque non se vai a volver repetir", ademais de "rigoroso" porque o cadro macroeconómico de Galicia está "sen maquillaxe" do mesmo xeito que o resto de ingresos, ao contrario do que cre que sucede co do Goberno central.