CRTVG

Buscar

A Xunta aproba o 'cheque autónomo', con axudas de ata 1.800 euros

Publicado o 25/06/2020 15:12

A Xunta impulsa a creación na Coruña, Narón, Santiago, Vilagarcía e a plataforma loxística Salvaterra-As Neves centros de fabricación avanzada que poidan compartir empresas das novas tecnoloxías, a loxística, maquinaria pesada ou biotecnoloxía.

"Apoiamos con 15,6 para cinco novos centros de fabricación avanzada para reactivar a economía. Son instalacións que estarán a disposición de todas as empresas que traballan nos sectores que os impulsan", explica Alberto Núñez Feijóo.

O Goberno galego tamén aprobou o cheque autónomo, co que prevén beneficiar 35.000 traballadores por conta propia. Son axudas directas de ata 1.800 euros para afrontar gastos correntes derivados da pandemia.

Noticias web

25/06/2020